28 oct 2011

O Samaín

A semana pasada celebramos o Samaín no cole. Na nosa aula fixemos colgantes entre todos, con fíos e cabazas de cartulina e logo puxemos unha exposición no cole.



Outro día fomos á bibloteca e atopámola chea de bruxas e cabazas. As bruxas que nos esperaban alí mandáronnos botar os nosos medos ao caldeiro que tiñan preparado e déronnos caramelos. Despois, o profe Luís contounos un conto pero deixouno sen rematar, e fomos nós quen tivemos que inventar o final que faltaba. Foi moi divertido!



Ver todas as fotos aquí :-)

2 comentarios:

  1. Que ben o pasamos! Aínda que cando entramos daba un pouco de medo pagou a pena. Estaría ben que sempre poideramos cambiar os medos por caramelos, a que si?

    ResponderEliminar
  2. Ao principio estiven moi nervioso pola carta misteriosa, e polas luces que non paraban de parpadear, pero foi moi divertido.

    ResponderEliminar