27/04/2012

Participamos no II Canto Rimos!

A semana pasada participamos na segunda edición de Canto Rimos!  Os nenos e nenas de 3º e 4º cursos, e tamén os de 5º e 6º, xuntámonos na biblioteca para contar os mellores chistes que sabemos.

Tiñamos algúns nervios para subir ao escenario, pero aínda así fartámonos de rir co ben que contamos os chistes.

Aquí temos algunhas fotos con Celeste, Iker, Rubén, Ían, Candela, Nicolás, Ada, Antón, Sergio, Laura, Santi,...

13/04/2012

Oli vén ao noso cole

O xoves día 12 de Abril compartimos un rato moi agradable con Oli, o escritor de Cangas que ten un feixe de contos publicados e que viu explicarnos algúns segredos dos seus libros e do seu traballo.

 Nós contámoslle que lemos moitos dos seus contos, que os volvemos refacer, adaptámolos ao noso xeito, ilustrámolos cos nosos debuxos e encadernámolos, e que fixemos monecos cos seus personaxes, e máis cousas.

 Os contos de Oli que traballamos, e sobre o que el nos falou son:

 - Once damas atrevidas
 - O pirata pata de lata
 - Leocadio o león
 - Aníbal quere encoller
 - Iria e a lúa
 - Conto para non comer
- Un problema grande
 - O poliño Arthur

 A seguir podedes ver as fotos da visita de Oli.

31/01/2012

Varar un barco




¡Como se hace para reparar un barco en tierra firme!
Las vistas desde la ventana son impresionantes.
josej.

02/12/2011

O Magosto

Xa hai dúas semanas que celebramos a festa do magosto. Os días antes da festa fixemos unhas caixas ben decoradas para gardar as castañas asadas.
O día da festa fartámonos de comer castañas, xogamos a moitos xogos e quedamos todos ben emborrallados!!


Saída a Pontevedra

O día 21 de novembro, os compañeiros de 3º e 4º curso de primaria fomos de excursión por Pontevedra para coñecer o casco antigo coas súas rúas e os seus edificios.

Comezamos por ver a Alameda, que foi o lugar do que partimos. Despois fomos vendo:

  • As ruínas de Sto Domingo,
  • o Concello,
  • a praza de Teucro,
  • os Soportais,
  • a Praza das cinco Rúas, que era onde vivía Valle Inclán
  • a Praza da Leña, onde está o museo
  • a Praza da Verdura, tiña unha fonte especial
  • a Praza da Ferrería, que estaba chea de pombas
  • A Igrexa de San Francisco
  • A Igrexa da Peregrina, e máis cousas...



Ao rematar o paseo fumos ó teatro ver a función de Robin Hood, e gustounos moito!

28/10/2011

O Samaín

A semana pasada celebramos o Samaín no cole. Na nosa aula fixemos colgantes entre todos, con fíos e cabazas de cartulina e logo puxemos unha exposición no cole.



Outro día fomos á bibloteca e atopámola chea de bruxas e cabazas. As bruxas que nos esperaban alí mandáronnos botar os nosos medos ao caldeiro que tiñan preparado e déronnos caramelos. Despois, o profe Luís contounos un conto pero deixouno sen rematar, e fomos nós quen tivemos que inventar o final que faltaba. Foi moi divertido!



Ver todas as fotos aquí :-)

Mamíferos mariños (Misticetos e Odontocetos)

Viu unha profe que se chamaba Ana darnos unha charla sobre os mamíferos mariños. Ensinounos moitos mamíferos mariños. Falounos dos misticetos, que son as baleas que teñen barbas, e dos odontocetos, que como o seu nome di teñen dentes. Vimos as barbas dun misticeto e o dente dun odontoceto, tamén vimos o que comen os misticetos, que se chama krill.




Aquí hai máis fotos