18 oct 2011

Aprendemos mecanografía

Comezamos as actividades da aula de informática aprendendo a escribir no teclado do ordenador CON TODOS OS DEDOS DAS DÚAS MANS E SEN MIRAR AO TECLADO.

O máis importante para escribir rápido é practicar dez ou quince minutos cada día. É moito mellor practicar un ratiño cada día que moito un só día e os restantes nada.

No vídeo que temos deseguido podemos fixarnos ben en como hai que colocar os dedos para escribir correctamente.



Nos nosos ordenadores do colexio podemos practicar co programa KTOUCH (software libre para linux). Tamén podemos practicar online, en internet, nas páxinas de Cursomeca, de ARTypist ou de Vedoque.

2 comentarios:

  1. Boa idea iso de practicar mecanografía. Eu aprendín cando era adolescente e foime moi útil.

    ResponderEliminar
  2. Este curso de mecanografía es totalmente útil, sobre todo, por lo bien que me lo pase cuando lo hice en la clase de informática.

    ResponderEliminar