7 jun 2011

Excursión a Lalín









O día 24 de maio os alumnos/as de 2º ciclo fomos de excusión a Lalín para pasar o día na “Casa do Patrón”. Como quedaba de camino, visitamos o mosteiro de Aciveiro e vimos a igrexa e o claustro.

Poidemos amasar pan e ver como se cocía no forno de leña e facer queixo. Cada un trouxo para a casa dous boliños de pan e un queixiño. Tamén visitamos os museos que están repartidos en varias casas: unha cociña con lareira, unha taberna, o proceso do liño e da la, ferramentas de carpinteiro, de zoqueiro, de afiador,…

1 comentario:

  1. Unha visita moi interesante, a que a vida de antes era moi diferente a de agora?

    ResponderEliminar