O día 11 de novembro, o médico D. Carlos Eirea que é o pai das nosas compañeiras Candela e Catalina, deunos unha charla aos nenos, e nenas de ciclo medio sobre “O aparato locomotor”.
Primeiro contounos o conto “Un homiño de nada” que foi moi gracioso.
Ademais de falarnos de como se forman e as funcións dos osos, músculos e articulacións, falounos da forma de coidalo; unha boa alimentación e ir con asento adecuado e cinturón no coche para evitar accidentes.
A charla foi moi interesante, divertida i educativa. As imaxes que vimos gustáronnos moito sobre todo o esqueleto andando.
Que sorte!! Seguro que aprendestes moitas cousas.
ResponderEliminarCarai!! Creo que eu tamén tería moito que aprender!
ResponderEliminarBicos
Paseino moi ben podendo falar cunha audiencia tan sabedora e ben formada, que me atenderon a pesares de estar a falar de temas complicados. Amosastes unha grande capacidade de saber e unha curiosidade que fara de vos persoas moi intelixantes.
ResponderEliminarBicos para todos
Carlos