19 feb 2013

Os animais

Para facer esta actividade tes que copiar as preguntas de abaixo nun documento novo do procesador de textos (LibreOffice), e logo buscar as respostas nos enlaces de internet que che propoñemos.

Responde a estas preguntas:

1. Que diferenza hai entre un animal vertebrado e un invertebrado?
2. Os animais vertebrados clasifícanse en 5 grupos. Cales son eses grupos?

3. Como se chaman os animais que nacen de ovos?

4. Completa esta frase: Nos animais .......................... as crías fórmanse no.................... do corpo da nai.

5. Que alimentos comen os animais omnívoros?

6. En que se diferenza un animal carnívoro dun herbívoro?

7. Nomea tres animais carnívoros e tres herbívoros.

8. Como se clasifican os animais segundo o medio no que viven?

9. Clasifica estes animais segundo sexan domésticos ou salvaxes:
galiña – porco – leopardo – rinoceronte – can – león – cebra – cabalo





Para responder ás preguntas debes visitar os seguintes recursos web:

1.
Animales vertebrados e invertebrados

2. La alimentación de los animales.
3. La reprodución de los animales.
4. La relación de los animales con las personas.
5. El medio en el que viven los animales.

(Preguntas e enlaces recollidos da Caza do Tesouro elaborada por D. Francisco Camero Flores, Coordinador de Centro TIC del C.E.I.P. “San Rafael” de Cádiz)

29 ene 2013

Traballo co procesador de textos (LibreOffice), buscando información sobre Cangas

Nesta tarefa imos traballar por parellas. Utilizaremos o procesador de textos para recoller información sobre os habitantes do concello de Cangas. 

Seguiremos os seguintes pasos:

1. Abrimos o procesador de textos (LibreOffice ou OpenOffice Writer)

2. Gardamos o documento recén creado:
  • Imos ao menú principal ARQUIVO e pinchamos en GARDAR COMO 
  • Ábrese unha ventá onde temos que dar un nome ao noso documento (ficheiro). Darémoslle o nome de CONCELLO DE CANGAS.
  • Gardámolo no noso cartafol persoal, e se aínda non o temos creado teremos que facelo, pinchando na pestana CREAR CARTAFOL (O nome será o noso nome seguido do número 4, indicativo do curso. Por exemplo ANDRÉS 4) 
  • Finalmente dámoslle a GARDAR, que se atopa na parte inferior dereita da ventá.
Diante do documento en branco, como se fose un folio para escribir facemos o seguinte:

 3. No menú principal do procesador de textos buscamos a etiqueta TÁBOA, e pinchamos en INSERIR TÁBOA, coidando que teña 5 filas e 2 columnas.

4. Na primeira columna imos escribindo os seguintes datos, un en cada cela:
  • Concello
  • Habitantes
  • Por sexo: homes e mulleres
  • Por idades
  • Por parroquias

5. A segunda columna teremos que completala despois de buscar a información que se pide, para o cal podedes botar man dos seguintes enlaces: 

6. Una vez recollida a información e colocada na táboa, temos que gardala, podendo utilizar o menú ARQUIVO e a pestana GARDAR, ou ben directamente no botón GARDAR, que é a terceira das iconas na parte superior esquerda da barra de ferramentas de OpenOffice.


ATOPAMOS A INFORMACIÓN

  -->
concello cangas
habitantes 26121(2011)
sexo(homes e mulleres) Homes: 12918


Mulleres: 13169


Por idades Ata 16: 3644
16 a 65: 17831
Máis de 65: 4612
Por parroquias Hio 2894
Darbo 7027
Coiro 6584
Cangas7036
Aldan 2580

18 oct 2012

Para mellorar a velocidade lectora

Dende o Centro de Recursos e Profesores de Mérida chéganos unha aplicación para traballar a aprendizaxe da lectura e a mellora da velocidade lectora:

Aplicación para mellorar a competencia lectora, de Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.

27 abr 2012

Participamos no II Canto Rimos!

A semana pasada participamos na segunda edición de Canto Rimos!  Os nenos e nenas de 3º e 4º cursos, e tamén os de 5º e 6º, xuntámonos na biblioteca para contar os mellores chistes que sabemos.

Tiñamos algúns nervios para subir ao escenario, pero aínda así fartámonos de rir co ben que contamos os chistes.

Aquí temos algunhas fotos con Celeste, Iker, Rubén, Ían, Candela, Nicolás, Ada, Antón, Sergio, Laura, Santi,...

13 abr 2012

Oli vén ao noso cole

O xoves día 12 de Abril compartimos un rato moi agradable con Oli, o escritor de Cangas que ten un feixe de contos publicados e que viu explicarnos algúns segredos dos seus libros e do seu traballo.

 Nós contámoslle que lemos moitos dos seus contos, que os volvemos refacer, adaptámolos ao noso xeito, ilustrámolos cos nosos debuxos e encadernámolos, e que fixemos monecos cos seus personaxes, e máis cousas.

 Os contos de Oli que traballamos, e sobre o que el nos falou son:

 - Once damas atrevidas
 - O pirata pata de lata
 - Leocadio o león
 - Aníbal quere encoller
 - Iria e a lúa
 - Conto para non comer
- Un problema grande
 - O poliño Arthur

 A seguir podedes ver as fotos da visita de Oli.

31 ene 2012

Varar un barco




¡Como se hace para reparar un barco en tierra firme!
Las vistas desde la ventana son impresionantes.
josej.

2 dic 2011

O Magosto

Xa hai dúas semanas que celebramos a festa do magosto. Os días antes da festa fixemos unhas caixas ben decoradas para gardar as castañas asadas.
O día da festa fartámonos de comer castañas, xogamos a moitos xogos e quedamos todos ben emborrallados!!